Conmutación Manual



Trátanse dun modo especial os sistemas de Batería Local e Batería Central.
Entre as centrais que se expoñen atopamos modelos utilizados polas grandes empresas e hoteis da época, así como outras procedentes de pequenos centros rurais; os xa case esquecidos"Locutorios".
Con todo, os recordos de moitos visitantes espertaranse #ante as "posicións" do 009 e 003, ata o punto de que, sen dúbida, na súa mente oirán aquela voz sempre amable que nos dicía"que poboación desexa?".
O Cadro Interurbano que se mostra no Museo estivo en servizo ata 1970 na Central Telefónica da coruñesa rúa de San Andrés. Desde estes cadros interurbanos facilitábase o establecemento de chamadas a calquera lugar do mundo.
As “conferencias” establecíanse manualmente polas Telefonistas, en cuxa formación se incluía unha máxima que habería de influír na súa popularidade:“Sorría. O sorriso vese por teléfono”.
Foron estes os primeiros pasos da telefonía; pero foron firmes e seguros, capaces de prolongarse algúns deles ata coexistir sen demérito con tecnoloxías da era dixital.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Se tratan de un modo especial los sistemas de Batería Local y Batería Central.
Entre las centralitas que se exponen encontramos modelos utilizados por las grandes empresas y hoteles de la época, así como otras procedentes de pequeños centros rurales; los ya casi olvidados"Locutorios".
Centralitas conmutación manual
No obstante, los recuerdos de muchos visitantes se despertarán ante las "posiciones" del 009 y 003, hasta el punto de que, sin duda, en su mente oirán aquella voz siempre amable que nos decía"¿qué población desea?".

El Cuadro Interurbano que se muestra en el Museo estuvo en servicio hasta 1970 en la Central Telefónica de la coruñesa calle de San Andrés. Desde estos cuadros interurbanos se facilitaba el establecimiento de llamadas a cualquier lugar del mundo.

Las “conferencias” se establecían manualmente por las Telefonistas, en cuya formación se incluía una máxima que habría de influir en su popularidad:“Sonría. La sonrisa se ve por teléfono”.
Fueron estos los primeros pasos de la telefonía; pero fueron firmes y seguros, capaces de prolongarse algunos de ellos hasta coexistir sin demérito con tecnologías de la era digital.



      Recorrido Conmutación manual